NORDÉS SUSPIRO DE MENTA

A Galicia sempre verde e refrescante do interior destaca neste cóctel con matices de mazá verde, cecimbre e o lixeiro contrapunto acedo da froita da paixón. Un grolo longo e sosegado que revitaliza os encontros que se prolongan con gusto.

INGREDIENTES:

5 cl de Nordés Gin

6 follas de cecimbre

7 cl zume de mazá

1 cl de xarope de azucre

1 froita da paixón

ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:

Machucar as follas de cecimbre e a polpa de media froita da paixón nun vaso de balón. Servir o resto dos ingredientes, completar con xeo pilé e remover lixeiramente coa culler.

Adornar con carpaccio de mazá verde e sementes de froita da paixón.