Incredible Porn Videos https://pornlux.com/videos/incredible Watch incredible and awesome sex vids right away! Wild collection of porn tapes on PornSOK.com Ingo, Lotto, Sport – wir haben alles - 'Ice Casino Deutschland ! Mehr Chancen, mehr Wetten, mehr Spaß - Great win! Nowicjusz? Zdobądź bonus, rejestrując się na - Kasyno i bukmacher Parimatch w Polsce! Las mejores tragamonedas y mesas te esperan en nuestro 1win casino ! We have a wide selection of games to suit all tastes official site! Tylko my mamy największe bonusy - Slot city ! আপনি কি একটি লাইসেন্সপ্রাপ্ত এবং সৎ ক্যাসিনো খুঁজছেন? তাহলে এটি আপনার জন্য জায়গা - x10bet casino!

Sete trucos para superares unha cita cun galego ou galega

14/02/2019

 

 

Aínda non tiveches a cita e xa te imaxinas paseando polas cúpulas de pedra da praia das Catedrais, sentando no banco máis bonito do mundo e gozando dos mellores pratos da gastronomía galega. Para que todas esas fantasías se fagan realidade, deixámosche unha lista de trucos para que a túa cita galega vaia vento en popa.

 

  1. Nin se che ocorra pospor a cita porque fai mal tempo.

 

En Galicia as inclemencias meteorolóxicas son a norma, polo que non poderán perdoarte se cancelas a cita por dúas pingas de auga. Demostra a túa afouteza desde o principio e gañarás o seu corazón.

 

  1. Asume desde o primeiro momento que vas necesitar unha segunda cita para seguirvos coñecendo.

 

Tan tópico coma certo: en Galicia todo é relativo. Prepárate para escoitar uns cantos «depende» durante a velada. Vas necesitar un par de citas máis para saberes se se trata do teu medio mexillón.

 

  1. Se che fai unha pregunta que non queres responder, contesta con outra pregunta.

 

É o mellor truco para saír airosamente dunha situación incómoda. Os galegos sempre o fan, así que nin se decatará de que tratas de esquivar as súas preguntas.

 

  1. Se che chama «riquiño» ou «riquiña», xa podes dar por terminada a cita.

 

Isto non significa outra cousa que que lle pareces moi simpático ou simpática, pero que non lle atraes o máis mínimo. Perdiches unha cita, pero gañaches unha amizade das boas.

 

  1. Nin se che ocorra coller o último anaco de comida da fonte.

 

Se logras resistirte, gañarás toda a súa confianza. Non é que o queira comer, senón que vai quedar no prato. Trátase dunha lei galega non escrita e consiste en deixar sempre o último anaco, o que chaman «a vergoña do galego». Só o poderás comer se antes cho ofrecen dez veces e te negas a aceptalo outras tantas.

 

  1. Dille o que máis che gusta de Galicia.

Cóntalle o que che gustaría coñecer e o seu interese por ti multiplicarase por cen. Se promete traerte a Galicia para ensinarche eses recunchos que che faltan por coñecer, a cita vai por moi bo camiño.

 

  1. Gáñate o seu corazón na sobremesa.

 

Se chegaches ata aquí, é que a cousa pinta ben e chegou o momento de namorar: pide unha copa de xenebra Nordés e mostra sorpresa se non a coñece. Toma nota: dille que é unha xenebra de orixe galego, feita con botánicos da zona e cunha base vínica de uva albariño. Gañarás, polo menos, esa segunda cita.

perfect_serve