Hai un Nordés perfecto para ti

Nordés Atlantic Galician Gin destaca polo seu carácter afroitado, fresco e suave, que fai desta xenebra premium o ingrediente perfecto para preparar sorprendentes cócteles coma os que che propoñemos.

Para axudarte a probar cousas novas e deixar abraiados os teus amigos con receitas novas, preparamos este test. Contesta a estas preguntas e recomendarémosche un cóctel ou un gin-tonic perfecto para ti.

1. Escolle un botánico

2. Escolle un combinado

3. En que recuncho che gustaría gozar dunha copa de Nordés?

4. Escolle o momento perfecto para tomar un gin-tonic

5. Canta xenebra empregas cando fas un combinado?

Hai un Nordés perfecto para ti
Queimada Nordés

Aínda non probaches este cóctel de xenebra con albariño? A Queimada Nordés rende homenaxe á tradicional bebida galega creando unha versión fría da mesma á que Nordés achega unha nota de frescura e sabor.
Miño Gin-tonic

O hibisco achega a sensualidade do trópico e unha nota de paixón a este gin-tonic de suaves aromas florais. Unha elección rechamante para a noite que non nos deixa indiferentes grazas ao frescor característico de Nordés.
Nordés Suspiro de Menta

O carácter fresco de Nordés destaca neste cóctel con matices de mazá verde, hortelá e toques de froita da paixón. Un grolo longo e sosegado que revitaliza as xuntanzas de amigos que se prolongan até a tardiña.

Share your Results: