A nova campaña de Nordés

mar_botella

Desde Galicia chega directamente o vento do Nordés cheo de boas sensacións. Trae historias, fragmentos da nosa querida terra, que ao seu paso desprenden recendos da natureza, da sarxa, do Atlántico, de lugares máxicos.

Como o vento, cada persoa que viaxa alá onde remata a terra volve sabendo que non será a derradeira visita e conta a todos as experiencias vividas, enchoupadas de novas expresións, de sinxeleza e da proximidade das súas xentes.

Nordés é uvas de albariño, once botánicos e, en esencia, unha xenebra galega, pero sobre todo é vivir amodiño, gozar dos pequenos luxos galegos, pasear polas praias, atoparse cun mesmo, ler sentado no banco máis bonito do mundo e reunirse cos seres queridos nunha terraza. Nordés é Galicia.

E Galicia é máis fácil de sentir que de explicar pero, esta vez, coa axuda do vento, achegámonos bastante á súa esencia. Esperamos que a gocedes: