Elaborada con agarimo

Desde o val do Ulla

Dende a nosa orixe, a destilación da xenebra Nordés elabórase nunha pequena destilería sita en San Pedro de Sarandón cerca de Santiago de Compostela. Esta zona bañada polo río Ulla destaca pola súa beleza natural e pola elaboración de excelentes augardentes galegas.

O saber facer e a riqueza de materias primas locais sen dúbida foron a inspiración para crear unha xenebra galega de calidade.

Alma do produto

Desde o inicio, os creadores de Nordés pensaron nunha receita elaborada con ingredientes desta terra. Por iso, a composición da xenebra Nordés é única.

A primeira diferenza é a base alcohólica, que se produce utilizando unha porción de uva albariño galega da que se obtén a augardente de viño, alma do produto. Unha achega vínica que destaca sen dúbida polos lixeiros matices e aromas a froita branca que dá ao produto.

11 botánicos naturais

A continuación, o destilado de Nordés matízase coa maceración de 11 botánicos, entre os que destacan 6 silvestres galegos: sarxa, loureiro, herba luísa, eucalipto, menta piperita e unha alga mariña, a salicornia, que lle outorgan o seu característico aroma balsámico.

Tamén incorpora 5 botánicos de ultramar: o cimbro, o xenxibre, o cardamomo, a flor de hibisco e o té negro, que achegan sutís notas que equilibran o resultado final.

Proceso lento e coidado

Un proceso de elaboración realizado amodiño, de maneira lenta, sosegada para conseguir unha xenebra aromática, con delicados toques de froita branca, en harmonía con notas balsámicas. Un perfecto balance de aromas frescos, suxestivos en boca, que dá como resultado un produto amable e diferente doutras xenebras afroitadas.

Como se fai a xenebra Nordés fálanos de novo da terra. Unha xenebra galega elaborada con coidado dende a súa orixe, cos mellores ingredientes naturais.