Subscríbete ao noso boletín

  • gl
  • ES
  • EN
  • DE
  • IT
  • PT
  • Nordés
    • Orixe inesperada
    • Elaboración con mimo
    • Sabor único
    • Maxia Pura
  • VERMOUTH
  • CÓCTELES
  • BLOG
  • Casa Nordés
    • Descubre Casa Nordés
    • Reservas
  • gl
  • ES
  • EN
  • DE
  • IT
  • PT
Instagram Nordés Atlantic Galician Gin
Facebook Nordés Atlantic Galician Gin
  • Nordés
    • Orixe inesperada
    • Elaboración con mimo
    • Sabor único
    • Maxia Pura
  • VERMOUTH
  • CÓCTELES
  • BLOG
  • Casa Nordés
    • Descubre Casa Nordés
    • Reservas
Instagram Nordés Atlantic Galician Gin
Facebook Nordés Atlantic Galician Gin
Inicio > Términos de uso

Términos de uso

TÉRMINOS E CONDICIÓNS DE USO

INTRODUCIÓN

GRUPO OSBORNE, S.A.U. (en adiante, “OSBORNE”), sociedade de nacionalidade española, con CIF A-11535564 e domicilio social na rúa Fernán Caballero 7, 11500 O Porto de Santa María, Cádiz, inscrita no Rexistro Mercantil de Cádiz, Tomo 1528, folio 73, Folla CA-21487, informa das condicións xerais de uso desta páxina web (en adiante, os “Términos e Condicións de Uso”).

Rogámoslle que lea atentamente os presentes Términos e Condicións de Uso e as nosas políticas de Privacidade e de Cookies (“Políticas de Privacidade e Cookies”) antes de usar esta páxina web. Ao utilizar esta páxina web ou facer un pedido a través dela, vostede consente quedar vinculado por estes Términos e Condicións de Uso e polas nosas Políticas de Privacidade e Cookies, polo que se non está de acordo cos Términos e Condicións de Uso e coas nosas Políticas de Privacidade e Cookies, non debe usar esta páxina web.

Se ten algunha pregunta relacionada cos Términos e Condicións de Uso ou as Políticas de Privacidade e Cookies, pode poñerse en contacto con nós a través das nosas vías de contacto.

CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

Ao facer uso desta páxina web, vostede asume a responsabilidade do uso do portal. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos; a tal efecto, nese rexistro a persoa usuaria será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, á persoa usuaria poderáselle proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.

OSBORNE non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos canais de participación que, no seu caso, se establezan, reservándose o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que non resulten adecuados para a súa publicación conforme ás anteriores consideracións.

Reservámonos o dereito de impedirlle o acceso á nosa páxina web ou de cancelar a súa conta se o seu comportamento constitúe un incumprimento dos presentes Términos e Condicións de Uso ou da normativa vixente.

OSBORNE exercerá as accións que puidesen corresponderlle en Dereito derivadas do incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida da súa páxina web. OSBORNE non se fai responsable dos danos e prexuízos de tipo informático ou doutro tipo que puidese ocasionar á persoa usuaria visitante o acceso aos contidos deste sitio, como por exemplo, con carácter enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal e continuidade do funcionamento da páxina web e/ou os seus servizos, ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo. Sen prexuízo disto, e cando sexa razoablemente posible, OSBORNE advertirá previamente as interrupcións no funcionamento da nosa páxina web e dos servizos.

OSBORNE non garante a ausencia de virus ou outros elementos lesivos que puidesen causar danos ou alteracións no sistema informático, nos documentos electrónicos ou nos ficheiros da persoa usuaria desta páxina web. En consecuencia, a nosa organización non responde polos danos e prexuízos que tales elementos puidesen ocasionar á persoa usuaria ou a terceiras persoas.

OSBORNE non será responsable, directa nin subsidiariamente, das ligazóns, tales como links, banners ou botóns, que posibiliten, a través da páxina web, o acceso do usuario a páxinas webs, prestacións e/ou servizos ofrecidos por terceiros que non pertencen nin están baixo o control de OSBORNE, e non será responsable da información contida nos mesmos nin de calquera efecto que puidese derivarse desa información.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A información e datos persoais que o usuario facilite a OSBORNE serán tratados conforme ao establecido nas Políticas de Privacidade e Cookies que poden consultarse nos apartados correspondentes deste sitio web.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

OSBORNE é a sociedade titular desta páxina web. Así mesmo, e agás indicación expresa en contrario, a titularidade de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial dos contidos desta páxina web corresponde a OSBORNE. Estes contidos inclúen, con carácter enunciativo e non limitativo, bases de datos, marcas, rótulos, logotipos, imaxes, debuxos, gráficos, textos, debuxos, fotografías, signos distintivos, código html, audio, vídeo, creacións musicais, sons, imaxe e software e, en xeral, todas as creacións expresadas por calquera medio ou soporte, tangible ou intanxible, actualmente coñecido ou que se invente no futuro, estando protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial, entre outras.

Polo tanto, o seu contido non poderá ser obxecto de manipulación ningunha (modificación, copia, alteración, reprodución, transmisión, adaptación, tradución ou calquera outra manipulación) por parte da persoa usuaria ou de terceiras persoas, sexa total ou parcialmente, sen a expresa autorización por parte de OSBORNE.

A prestación dos servizos e publicación dos contidos a través da páxina web non implicará en ningún caso a cesión, renuncia ou transmisión, total ou parcial, da titularidade dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Ningunha parte desta páxina web pode ser reproducida, distribuída, transmitida, copiada, comunicada publicamente, transformada, en todo ou en parte mediante ningún sistema ou método manual, electrónico ou mecánico (incluíndo o fotocopiado, gravación ou calquera sistema de recuperación e almacenamento de información) a través de calquera soporte actualmente coñecido ou que se invente no futuro.

OSBORNE non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa páxina web.

Se a actuación ou omisión culpable ou neglixente directa ou indirectamente imputable ao usuario da páxina web que orixine a infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial de OSBORNE, exista ou non beneficio para o mesmo, orixinase a OSBORNE danos, perdas, obrigas solidarias, gastos de calquera natureza, sancións, medidas coercitivas, multas e outras cantidades xurdidas ou derivadas de calquera reclamación, demanda, acción, preito ou procedemento, sexa civil, penal ou administrativo, OSBORNE terá dereito a dirixirse contra o usuario por todos os medios legais ao seu alcance e reclamar calquera cantidade indemnizatoria, incluíndo, con carácter enunciativo e non limitativo, danos morais e de imaxe, lucro cesante, custos publicitarios ou de calquera outra índole que puidesen resultar para a súa reparación, importes de sancións ou sentenzas condenatorias, o dos intereses de demora, o custo do financiamento de ambas cantidades que puidese resultar para a parte contraria, as custas xudiciais e o importe da defensa en calquera proceso no que puidese resultar demandada polas causas anteriormente expostas, polos danos e prexuízos ocasionados por razón da súa actuación ou omisión, sen prexuízo de exercer calquera outra acción que en dereito lle corresponda.

ACORDO COMPLETO E NULIDADE PARCIAL

Os presentes Términos e Condicións de Uso e todo documento ao que se faga referencia expresa nos mesmos constitúen o acordo íntegro existente entre vostede e OSBORNE en relación co obxecto das mesmas e substitúen a calquera outro pacto, acordo ou promesa anterior, convenida verbalmente ou por escrito.

No caso de que calquera disposición destes Términos e Condicións de Uso fose declarada nula ou inaplicable, en todo ou en parte, por calquera Xulgado, Tribunal ou órgano administrativo competente, dita nulidade ou inaplicación non afectará ás restantes disposicións. Nese caso, a cláusula ou cláusulas afectadas serán substituídas por outra ou outras que teñan os efectos máis semellantes aos das substituídas.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Os presentes Términos e Condicións de Uso rexeranse en todos e cada un dos seus extremos pola lei española.

Sen prexuízo dos dereitos que puidesen asistirlle na súa condición de consumidor ou usuario, toda controversia derivada de cuestións referentes á páxina web someterase, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlle, á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de O Porto de

Suscríbete a Nordés

    Instagram Nordés Atlantic Galician Gin
    Facebook Nordés Atlantic Galician Gin
    • Nordés
      • Orixe inesperada
      • Elaboración con mimo
      • Sabor único
      • Maxia Pura
    • VERMOUTH
    • CÓCTELES
    • BLOG
    • Casa Nordés
      • Descubre Casa Nordés
      • Reservas
    2025 Nordés. Reservados todos os dereitos
    Condicións de uso Política de privacidade Política de cookies Contacto Consumo responsable

    Son maior de idade

    Non son maior de idade

    Sentímolo, pero ata que non sexas maior de idade para beberes con responsabilidade non podes acceder a este contido

    De volta

    Gave un consumo responsable. 40º

    INFORMACIÓN RELATIVA AO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS

    Responsable: GRUPO OSBORNE S.A

    Finalidade: Subscrición ao boletín informativo

    Dereitos e información adicional: Pode exercer os dereitos relacionados co tratamento de datos e obter información adicional no apartado relacionado con Política de privacidade do noso sitio web.

    INFORMACIÓN RELATIVA AL TRATAMIENTO DE SUS DATOS PERSONALES

    Responsable: GRUPO OSBORNE S.A

    Finalidad: Atención de consultas y envío de información

    Derechos e información adicional: Pueden ejercerse los derechos relativos al tratamiento de los datos y obtener información adicional en la política de privacidad de nuestro sitio web.