NORDÉS BRÉTEMA ATLÁNTICA

06/06/2018

Bruma_Atlántica
A brétema fresca e misteriosa do Atlántico inspira este cóctel que combina os matices herbáceos de Nordés cunhas notas doces e florais a violeta. Ideal como acompañante dunha longa sobremesa ou un agradable aperitivo entre amigos.

INGREDIENTES:

5 cl de Nordés

2,5 cl zume de limón

2 cl de Marraschino

1 cl licor de violeta

1 clara de ovo

ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:

Servir os ingredientes na cocteleira, axitar durante 1 minuto e verter suavemente nunha copa de Martini previamente arrefriada.

Decorar cunha flor de violeta.