Orixe inesperada
Coñece a orixe dunha das mellores xenebras, unha fórmula perfecta, fresca, aromática e equilibrada. Un sabor único no mundo da xenebra premium, con ingredientes autóctonos de Galicia que reflicten a esencia do Atlántico.
Sabor único
Nordés gin é Galicia nunha botella. Destaca pola súa base alcohólica que utiliza uva albariño para conseguir un aroma suave con notas froiteiras e de flores brancas. Tamén se elabora con 11 elementos botánicos, entre os que destacan 6 da tradición galega que lle outorgan o seu carácter fresco e balsámico. Un sabor equilibrado que a coloca entre as mellores xenebras prémium, un pequeno pracer perfecto para gozar en boa compaña.
Elaboración con mimo
Unha xenebra elaborada cun proceso lento e moi coidado que a converten nunha xenebra incomparable. Nordés gin macera cada un dos seus botánicos por separado antes da destilación, cada un deles durante un tempo diferente axustado ao perfil exacto de aromas que se busca.
Perfect Serve
Perfect Serve Gin & Tonic Nordés
Como se prepara un gin-tonic perfecto con Nordés gin? Co noso perfect serve, unha receita sinxela pero orixinal que potencia as singularidades aromáticas da nosa xenebra.
Ingredientes e elaboración::
- Suxerimos sempre usar un vaso ancho con moito xeo
- Engadir 50 ml de Nordés gin
- 200 ml de tónica preferiblemente neutra
- Para rematar, decoramos cun espeto de 3 uvas brancas e a gozar en boa compañía… a uva reforza os matices do albariño presentes na xenebra
Descubre toda la gama Nordés Gin
Serás redireccionado á Tenda en liña de Osborne,
onde poderás seguir o proceso de forma habitual.
