O espírito viaxeiro séntese neste cóctel sorprendente que mestura o carácter picante do ginger beer e do té negro coa calidade herbácea xenuína de Nordés. Unha sinxela maneira de converter unha copa despois do traballo nun acontecemento especial.
INGREDIENTES:
6 cl de Nordés Gin
3 cl de zume de limón
2 cl de xarope de azucre
1 bolsa de té negro
4 cl de Ginger Beer
2 láminas de xenxibre
ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:
Verter todos os ingredientes excepto o ginger beer nunha cocteleira, axitar e servir nunha xerriña de cristal.
Engadir o ginger beer, completar con xeo pilé e mesturar coa culler.
Decorar con dúas láminas de xenxibre fresco e unha folla de sarxa.