NORDÉS DO GOZO GIN-TONIC

05/06/2018

En Monte Gozo puedes contemplar Santiago de Compostela mientras sientes un gresor liberador y gracias a este gin-tonic puedes recrearlo.Desde o Monte do Gozo séntese un frescor liberador ao contemplar a cidade de Santiago de Compostela. Unha sensación que recrea este gin-tonic cos sabores doces que achega a regalicia ao frescor característico de Nordés. Polas súas calidades dixestivas, resulta perfecto pola noite e en festas que se alongan até o amencer.

INGREDIENTES:

5 cl de Nordés

20 cl de tónica

1 punta de sarxa

1 pau de regalicia

ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:

Nun vaso ancho con moito xeo, engadir 5 cl de xenebra Nordés, verter a tónica suavemente e engadir un pau de regalicia.

Decorar con follas de sarxa.