Como se prepara un gin-tonic perfecto con Nordés? Co noso perfect serve recomendado, unha receita sinxela pero orixinal coa que potenciamos as calidades da nosa xenebra.
Para a preparación deste gin-tonic de Nordés, suxerimos servir sempre nun vaso ancho con moito xeo, e engadir os ingredientes nas seguintes proporcións: comezamos con 5 cl de xenebra Nordés e 20 cl de tónica, preferiblemente neutra. Para rematar, decoraremos con 3 uvas brancas. A uva reforza os matices do albariño presentes na xenebra e define un combinado ideal para gozarmos en boa compañía.