Eventos en Casa Nordés
Casa Nordés é un lugar con historia e tradición, un lugar que conserva a propia natureza de Galicia. Ven, coñece, goza e comparte grandes momentos cos teus amigos e seres queridos nalgún dos nosos espazos encantadores de Casa Nordés.

Casa do Fundador
Nordés nace como unha homenaxe á terra de Galicia e é na nosa Casa do Fundador onde todo comezou. A nosa casa é ideal para realizar a benvida aos convidados aos teus eventos, pois é un lugar acolledor e rústico para realizar pequenos eventos.
DATOS:
Capacidade para 12 personas.

Viña
Podes coñecer as viñas onde se produce a uva que lle dá ese toque máxico a Nordés en canto aprecias a propia natureza de Galicia. Para facer os teus eventos diferentes, ofrecémosche un espazo ao aire libre, que conta cunha pérgola onde se pode gozar de comidas e ceas ao aire libre. A pérgola ten vista directa á viña, da cal se pode percorrer a zona marcada durante o evento.
DATOS:
Capacidade para 12 personas.
* Pode colocarse unha carpa en espazos libres para a recepción de máis convidados; consulte para máis información.

Invernadoiro
Unha das claves do éxito de Nordés é a atenta selección de elementos botánicos que poderemos descubrir no invernadoiro, lugar onde se almacenan os segredos do sabor de Nordés. Neste lugar podes apreciar os aromas frescos e naturais de Nordés. O espazo pode usarse para visitas interactivas con capacidade para 12 persoas.

Sala de catas
A versatilidade de Nordés permite que nos adentremos nun espazo onde preparar e degustar unha bebida ou tapa con Nordés se torne nun momento cotián ao mesmo tempo que máxico, e que podes gozar en calquera lugar. Convidámoste a coñecer un lugar especial onde se poden celebrar comidas e ceas tipo maridaxe. Tamén se pode destinar o espazo para clases de cociña ou coctelería, dado que conta co instrumental necesario.
DATOS:
Capacidade sentados para 12 personas.


Casa do fundador
Casa onde xorde a idea de meter o mellor de Galicia nunha botella

A viña
Lugar onde se producen as uvas para a elaboración de Nordés

O invernadoiro
Lugar onde se cultivan e almacenan os 11 botánicos

Sala de maceracións
Lugar onde se maceran os botánicos, para achegar o sabor único e diferente de Nordés. Un dos segredos mellor gardados.

Sala de destilación
Lugar onde se desprenden os aromas dos botánicos

Corredor das tentativas
Este espazo representa todo o camiño que percorremos ata dar coa receita única

Sala de cata
Lugar destinado para realizar a degustación de Nordés!

A tenda
Espazo destinado para poder adquirir os produtos de Casa Nordés