Alejandro Sebastián preséntanos un cóctel especial que rende homenaxe aos montes
malagueños fusionando ingredientes autóctonos como o mel e a salvia, un dos
elementos botánicos da Nordés.
INGREDIENTES:
60 ml da xenebra Nordés
25 ml de mel de flores
15 ml de triplo seco
25 ml de zume de lima
2 follas de salvia
Codia de lima, para decorar
PREPARACIÓN:
Introducimos nunha cocteleira dúas follas de salvia e machucámolas suavemente. A seguir, introducimos o resto de ingredientes e moito xeo. Axitamos con forza e sempre a sorrir.
Servimos nun vaso realizando unha dobre escoadura.
Por último, enfeitamos con dúas follas de salvia e unha codia de lima. A punto para compartir!