O Atlántico tráenos novos sabores que se deixan sentir nun cóctel rechamante que mestura as notas balsámicas do cardamomo coa lixeira acidez da froita da paixón. Ideal para gozarmos de momentos íntimos ou de tranquilidade.
INGREDIENTES:
5 cl de Nordés Gin
Polpa de 1?2 froita da paixón
2 cl zume de limón
1,5 cl de xarope de vainilla
3 sementes de cardamomo
ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:
Machucar as sementes de cardamomo na cocteleira, engadir o resto dos ingredientes e axitar con xeo abundante antes de servir nun vaso de Martini previamente arrefriado.
Decorar con 1?2 froita da paixón e unha flor comestible.