NORDESONI NORDÉS POR MARIO VILLALÓN

Mario Villalón preséntanos Nordesoni, a versión Nordés do cóctel aperitivo máis famoso do mundo: O Negroni.
Un cóctel sinxelo onde o punto aromático e vexetal do loureiro se mestura coa frescura e intensidade dos froitos vermellos nun aperitivo único.

INGREDIENTES:

30 ml da xenebra Nordés

30 ml de vermú ao loureiro

30 ml de bíter de froitos vermellos

ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:

Enchemos un vaso baixo con xeo e servimos os ingredientes.

Removemos e preparado para gozar!