A Maxia Pura de Nordés

Ter o poder de converter o ordinario en extraordinario é maxia. Transformar o común e o cotián en algo sublime é maxia. Maxia pura. Así é Nordés.

Unha xenebra cuxa historia nace nunha reunión entre amigos que soñaban con elaborar unha xenebra puramente galega, con ingredientes da súa terra e distinta ás demais.

E lográrono. Porque Nordés reúne a esencia pura do Atlántico, que se mestura cos inconfundibles aromas botánicos de tradición galega e co toque xenial da uva branca albariño.

Unha xenebra fresca, suave e aromática, fácil de beber, cunha personalidade única que xera sorpresa e produce o goce máximo en cada grolo.

Pura maxia para os teus sentidos nunha botella de inspiración artesanal que atrapa un sabor único e inconfundible capaz de sublimar cada encontro e cada momento.

Así é Nordés: Unha xenebra que conquista, inspira e constrúe relacións, co poder de converter o ordinario en algo extraordinario.

Porque non importa o cando, o onde nin o porqué. A maxia sucede.