Coñece Nordés

Nordés, é o nome do vento que trae o bo teNordés, é o nome do vento que trae o bo tempo en Galicia, unha marca presente xa en máis de 50 países e que representa a esencia máis pura do Atlántico que converxe en sabores únicos inspirados nos elementos botánicos tradicionais galegos.

Nordés naceu sendo unha xenebra premium, Nordés gin.
Na actualidade é unha marca que evolucionou para adaptarse ás preferencias actuais dos consumidores, e é a primeira marca de xenebra premium en lanzar a súa versión sen alcol, Nordés 0.0 e Nordés vermouth, un vermú puramente atlántico en dúas variedades, vermello e branco, ideal para o aperitivo. Nordés convértese así nunha gran familia que brinda unha experiencia única en cada grolo.

A súa autenticidade, a súa orixe inesperada e o seu sabor diferencial fan de Nordés unha marca sen igual.

Maxia pura. Así é Nordés.

Descubre Nordés

Nordés

Comparte o teu momento Nordés