Incredible Porn Videos https://pornlux.com/videos/incredible Watch incredible and awesome sex vids right away! Wild collection of porn tapes on PornSOK.com Ingo, Lotto, Sport – wir haben alles - 'Ice Casino Deutschland ! Mehr Chancen, mehr Wetten, mehr Spaß - Great win! Nowicjusz? Zdobądź bonus, rejestrując się na - Kasyno i bukmacher Parimatch w Polsce! Las mejores tragamonedas y mesas te esperan en nuestro 1win casino ! We have a wide selection of games to suit all tastes official site! Tylko my mamy największe bonusy - Slot city ! আপনি কি একটি লাইসেন্সপ্রাপ্ত এবং সৎ ক্যাসিনো খুঁজছেন? তাহলে এটি আপনার জন্য জায়গা - x10bet casino!

Cócteles caseiros para gozar e facer na casa

26/03/2021

Para estes días na casa propómosche mellorar as túas habilidades como cocteleiro con dúas receitas sinxelas e fáciles de preparar. A premisa fundamental é gozares do momento e saboreárelo sen présa, ben sexa en momento aperitivo ou como sobremesa.

La Rosa de los Vientos

Con este cóctel viaxaremos á Nova York de Almorzo con diamantes. Pura sofisticación e cero complicacións! Bautizámolo cun dos símbolos da Nordés: A rosa dos ventos.

A frescura do limón combina á perfección co sabor afroitado que achega a framboesa. Neste cóctel importa tanto a elaboración como a presentación. Antes de pórte con iso, arrefece a copa onde vas servilo. Debe ser, preferentemente, unha Coupette ou copa Margarita. Este tipo de copa, de diámetro ancho e tallo fino e elegante, é a que verías utilizar para cócteles tan famosos como o daiquiri ou a margarita.

Para comezar, cómpre que selecciones catro framboesas e as machuques na cocteleira. A seguir, engádeslle 6 centilitros da Nordés, 2 de zume de limón e dúas claras de ovo. Axítao todo ben e sérveo na copa. A gozar!

O consello da Nordés: Decora a copa cunha espetada de framboesas. Trata de que non afundan na copa e proba a saborealas mentres degustas o cóctel.

Nordés Soplo de Pasión

Para un día especial en que haxa algo que celebrar en parella, nada mellor que este cóctel con zume de limón e polpa de froita da paixón.

O cardamomo, coas súas sementes cor café, fornecerá unhas notas balsámicas á lixeira acidez da froita da paixón e do limón. Colle primeiro a polpa de media froita da paixón (a outra metade resérvaa para decorar a copa), dous centilitros de zume de limón, 1,5 de xarope de vainilla e tres sementes de cardamomo.

Pon a arrefecer unha copa tipo Martini. Na cocteleira introduces as sementes de cardamomo, previamente moídas, xunto ao resto de ingredientes e 5 centilitros da Nordés. E axítalo todo coa cocteleira chea de xeo para mesturar todos os ingredientes. Á hora de servilo, decora a copa coa metade da froita da paixón que reservaches e unha flor comestible.

O consello da Nordés: Ponlle moita paixón a todo o proceso e elabora este cóctel en parella. Poderedes repartirvos tarefas, como machucar as sementes de cardamomo, cortar a froita, extraer os cubos de xeo ou elixir a flor que adorne a copa.