Tan só levamos unha semana de primavera e o bo tempo xa se deixa asomar. As árbores florecen e, con elas, os plans que nos animan a saír e gozar da natureza (sempre e cando non sufras de alerxias).
Chegou a hora de respirar aire puro e deixarse levar polo vento Nordés que trae o bo tempo. Necesitas ideas para esta fin de semana?
Descubre o teu barrio
Sal a pasear e descubre a túa contorna, seguro que hai algún parque ou recuncho preto de ti que aínda non coñeces.
Fai sendeirismo
Esta época do ano é perfecta para facer sendeirismo; non cómpre meterse os madrugóns de verán para evitar a calor e ademais, grazas ás chuvias do inverno e ao desxeo nas zonas altas, os ríos e as fontes énchense e déixannos un relaxante son.
Prepara un bo pícnic
Aproveita os días de primavera para xantar fóra de casa e pasar o resto do día ao aire libre. Un parque, unha zona natural ou un miradoiro son boas opcións para darte un capricho e desconectar.
Crea o teu horto
A primavera é bo momento para sementar. Se non tes horto, podes comezar a facer un. Esta época do ano é ideal para plantar flores, froitas e mesmo algún dos nosos botánicos, coma a xarxa, que precisa sol directo e medra rápido con poucos coidados.
Goza das sobremesas ao sol
Coa primavera inauguramos a tempada de sobremesas ao aire libre que tanto nos gustan para nos poñer ao día e conversar tranquilamente. Ben na túa terraza favorita ou ben na casa, goza dun cóctel dixestivo preparado coa nosa xenebra galega. Descubre aquí as receitas de gin-tonics con Nordés e deixa que o momento se alongue ata a tardiña.