Incredible Porn Videos https://pornlux.com/videos/incredible Watch incredible and awesome sex vids right away! Wild collection of porn tapes on PornSOK.com Ingo, Lotto, Sport – wir haben alles - 'Ice Casino Deutschland ! Mehr Chancen, mehr Wetten, mehr Spaß - Great win! Nowicjusz? Zdobądź bonus, rejestrując się na - Kasyno i bukmacher Parimatch w Polsce! Las mejores tragamonedas y mesas te esperan en nuestro 1win casino ! We have a wide selection of games to suit all tastes official site! Tylko my mamy największe bonusy - Slot city ! আপনি কি একটি লাইসেন্সপ্রাপ্ত এবং সৎ ক্যাসিনো খুঁজছেন? তাহলে এটি আপনার জন্য জায়গা - x10bet casino!

San Xoán, a noite máis máxica

05/06/2018

San Xoán é unha noite especial en moitas partes do mundo, pero en Galicia toma un cariz especial. Nesta noite mestúranse as tradicións e rituais máis antigos cbotella_fogos_de_artificio

oa troula e a mellor compañía.

O día 23 de xuño, centos de persoas acoden ás praias cedo para atoparen o seu sitio na area e comezaren a preparar a celebración. Todos van cargados con leña, sardiñas, boa bebida, conxuros e cancións sabidas de memoria, pero, sobre todo, con moitas ilusións e bos desexos na cabeza.

Á tardiña, o ambiente comeza a encherse de luz coas protagonistas da noite: as fogueiras (tamén chamadas cacharelas ou luminarias), nas que arde o lume purificador sobre o que manda a tradición saltar varias veces para espantar as meigas, e tamén queimar papeis cos teus desexos para lograr que se cumpran.

Cando se esconde o sol, outro elemento entra en xogo, e é que din que a auga, durante esta noite, adquire propiedades máxicas: saltar as ondas do mar aumenta a fertilidade, e bañarte nel atrae a boa saúde e elimina as cousas malas.

E como non, na nosa verde Galicia, do mesmo xeito que en Nordés, a natureza e os seus froitos aromáticos non podían quedar fóra da ecuación. Coas chamadas herbas de San Xoán, entre as cales se atopan algúns botánicos de Nordés, tamén se fan rituais para a boa sorte. É difícil concretar cales son, xa que a súa combinación pode cambiar segundo a casa, pero tradicionalmente adóitanse usar as seguintes: fiúncho, romeu, malva, herba luísa, menta, lavanda, flor de San Xoán e flor de Santa María. No atardecer do día 23, debemos meter nunha cunca un ramallete das mesmas e deixalas en remollo en auga ata o día seguinte, para, nada máis levantarnos, lavar a cara con esa auga.

Así, que sexas ou non de Galicia, págache a pena pasares na nosa terra esta noite cargada de maxia que, no caso da celebración da Coruña, está declarada de Interese Turístico Nacional e Internacional.

Se este ano te animas a vivila, lembra que segundo o refrán galego hai que aguantala de principio a fin: “Na noite de Xoán, non te deites ata a mañán”, e seguramente o farás, porque non quererás que remate!

hoguera