Galicia nunha botella
A historia da xenebra galega Nordés comezou cunha reunión de amigos fronte a un prato de polbo. Un recoñecido sommelier acadou o premio Nariz de Ouro en 2004, un empresario de viños galego e un mestre destilador, comezaron a soñar con elaborar unha xenebra galega, con ingredientes da súa terra, que fose distinta ás outras xenebras. E entón, logo de moitas probas deron coa fórmula perfecta para capturar a esencia de Galicia, o que orixinou o que hoxe é a receita do gin galego Nordés.
Un sabor que impacta os sentidos
A Nordés é a primeira Atlantic Galician Gin, unha xenebra de calidade cun sabor diferente, que vén refrescar o mundo das xenebras como xa o coñecemos. O seu carácter fresco, aromático pero sempre equilibrado, tórnaa nunha xenebra única, diferente ás outras xenebras clásicas. Perfecta para gozar dos pequenos praceres da vida.
Botella icónica
A súa característica botella branca está inspirada na cerámica tradicional de Sargadelos, elaborada en Galicia de forma artesanal, que se distingue pola singularidade dos seus deseños e o uso das cores branca e azul.
O nome da nosa xenebra é unha homenaxe ao vento do NORDÉS, tralo cal en Galicia advén o bo tempo.
Proceso lento e moi coidado
A uva albariño, autóctona de Galicia, fai da Nordés un destilado doado de beber. As notas frutais da nosa xenebra galega e o suave aroma da uva matízanse cunha selección de botánicos macerados coidadosamente. Sabores galegos e de ultramar en perfecta harmonía.
Sabor refrescante e aromático
Salvia, loureiro, herba luísa, eucalipto, menta piperita, salicornia, xenxibre, cardamomo, flor de hibisco, te negro e, claro, cimbro. Cada un na súa xusta medida para conseguir as notas sutiles e equilibradas que caracterizan o peculiar aroma do gin galego Nordés.