Descubre Casa Nordés
A experiencia «Descubre Casa Nordés» convídate a te empapares da historia, tradición e procesos especiais da noso querido líquido querida xenebra, que vén revolucionar o mundo da xenebra tal e como a coñeciamos, e que vai conquistando o corazón de nacionais e estranxeiros, polo seu sabor único.
Ademais, nesta experiencia poderás gozar de fermosas paisaxes propias de Galicia, coñecer algúns dos elementos botánicos orixinarios da rexión, ou probar algúns dos produtos que forman parte importante da gastronomía local.
“Descubre Casa Nordés” é unha experiencia máxica que podes gozar en familia, en parella e con amigos.
Casa do fundador
Casa onde xorde a idea de meter o mellor de Galicia nunha botella
A viña
Lugar onde se producen as uvas para a elaboración de Nordés
O invernadoiro
Lugar onde se cultivan e almacenan os 11 botánicos
Sala de maceracións
Lugar onde se maceran os botánicos, para achegar o sabor único e diferente de Nordés. Un dos segredos mellor gardados.
Sala de destilación
Lugar onde se desprenden os aromas dos botánicos
Corredor das tentativas
Este espazo representa todo o camiño que percorremos ata dar coa receita única
Sala de cata
Lugar destinado para realizar a degustación de Nordés!
A tenda
Espazo destinado para poder adquirir os produtos de Casa Nordés
Detalles da Experiencia
Que inclúe
– Percorrido pola Casa do Fundador: lugar onde se concibiu esta xenialidade.
– Percorrido pola viña de Casa Nordés, para gozar da natureza e coñecer a uva albariño.
– Visita ao invernadoiro para coñecer os elementos botánicos que son utilizados para crear Nordés.
– Visita á zona de maceración e destilación de Nordés con explicación do proceso de ambas as salas.
– Coñecer a historia de como se creou a receita definitiva de Nordés, con visita ao corredor das tentativas.
– Degustación de Nordés nunha cata de maridaxe.