GALICIA O MIÑO GIN-TONIC

05/06/2018

o_miño

O Miño percorre Galicia regando ao seu paso especies autóctonas e plantas traídas polos emigrantes, como o hibisco, que achega a sensualidade do trópico e un toque de paixón a este gin-tonic de suaves aromas florais con matices cítricos. Unha elección rechamante para a noite, que sorprende sempre polas súas calidades refrescantes.

INGREDIENTES:

5 cl de Nordés

20 cl de tónica

1 punta de follas de sarxa

2 culleradas de flor de hibisco seca

ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:

Nun vaso mesturador macerar 5 cl de Nordés coa flor de hibisco seca durante 3 segundos. A continuación, coar a xenebra nun vaso ancho con moito xeo e verter a tónica suavemente.

Decorar con follas de sarxa.