MULA GALEGA NORDÉS POR MARIO VILLALÓN

05/02/2021

Mario Villalón preséntanos o cóctel Mula Galega Nordés. Unha combinación lixeira, fresca e picante que combina o punto vexetal da salvia, o frescor do xenxibre e o atrevido da pementa. Perfecto para gozar a calquera hora do día.

INGREDIENTES:

50 ml da xenebra Nordés de salvia e pementa

25 ml de zume de lima

1,5 ml de xarope simple

Top gingerbeer

ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:

Servimos nunha copa con moito xeo.

Trituramos e coamos a salvia e a pementa na xenebra Nordés e engadímolo á copa.

Engadimos o resto de ingredientes en orde.

Decoramos cunha rama de salvia.