Incorporamos o cardamomo verde á fresca natureza costeira de Nordés para achegar un matiz balsámico e insólito a este gin-tonic con suaves notas cítricas e de eucalipto. Unha viaxe diferente e refrescante antes de abordarmos un xantar ou unha cea entre amigos.
INGREDIENTES:
5 cl de Nordés
20 cl de tónica
1 punta de follas de sarxa
3 sementes de cardamomo
ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:
Nun vaso ancho con moito xeo, engadir 5 cl de xenebra Nordés, verter a tónica suavemente e engadir as sementes de cardamomo.
Decorar con folla de sarxa.