INGREDIENTES PARA 6-8 PERSOAS:
35 cl de Nordés Gin
O zume de catro limas
1 l de infusión de té branco
Azucre moreno de cana ou estevia líquida
20 follas frescas de fiúncho
20 follas de menta
20 follas de sarxa
8 chouchas de xenxibre
12 uvas brancas
PREPARACIÓN
Nun cunco grande, servir 35 cl de Nordés, o zume de 4 limas, as follas de fiúncho, as de menta, as de sarxa, as uvas e o xenxibre, e esmagar todo cun morteiro. A continuación, engadir a infusión de té branco mesturada con 14 culleradiñas de azucre moreno ou con 55 pingas de estevia líquida. Por último, arrefriar na neveira polo menos dúas horas antes de servir.
GOZA COS TEUS
Para gozar dunha experiencia Nordés completa, aconsellamos servir o ponche nas cuncas de cerámica incluídas no pack de Nadal de Nordés, que están inspiradas nas cuncas tradicionais nas que se serve o viño albariño en Galicia. O pack estará dispoñible nas principais cadeas de alimentación ata fin de existencias.