Nordés rende homenaxe á tradicional bebida galega creando unha versión da mesma engadíndolle a súa frescura e sabor. Unha singular bebida que nos ofrece un novo ritual para afastar as meigas, espantar as preocupacións ou simplemente gozarmos en boa compañía.
INGREDIENTES:
5 cl de Nordés Gin
Zume de medio limón
2,5 cl de xarope de xenxibre
Un toque de viño “Montecillo Sigladuras Albariño”
3 ou 4 grans de café
Alga salicornia
Xeos
ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:
Incorporamos nunha cocteleira con xeo a xenebra, o zume de limón e o xarope de xenxibre e pechámola.
Axitamos enerxicamente durante uns 10 segundos e servimos decontado coando o contido nunha copa de viño con xeo.
Rematamos agregando o toque de albariño frío.
Para aromatizar, flamexamos os aceites esenciais dunha casca de limón, decoramos cuns grans de café e engadimos a inconfundible salicornia.