
Descubre as orixes
de Nordés Gin


Descubre os segredos mellor gardados de Nordés Gin

Casa Nordés: a orixe da nosa xenebra prémium
Casa Nordés localízase en Vedra (A Coruña), a tan só 20 kilómetros de Santiago de Compostela e en pleno corazón do da D.O. Rías Baixas.
Hai 10 anos que tres amigos se reuniron no que hoxe denominamos a “Casa do Fundador” dentro do espazo Casa Nordés. Durante esa cea concibiuse o que hoxe coñecemos como a xenebra prémium Nordés de orixe galega.
Pasados xa 10 anos, desde Nordés quixemos homenaxear este espazo e tornalo nunha experiencia inmersiva, sensorial e divulgativa que ofreza aos visitantes unha parada para descubrir a orixe e o proceso da destilación e maceración da nosa xenebra no seu espazo natural: Galicia.


Neste novo espazo —onde se destila o viño de orixe galega que confire a Nordés o seu inconfundible sabor e frescura— os visitantes poderán coñecer a orixe, a historia e o proceso de elaboración da marca, alén de se achegaren á cultura gastronómica e á artesanía de Galicia.
As nosas experiencias

Experiencia Descubre Casa Nordés
Ven e descubre Casa Nordés, un espazo inmersivo, sensorial e divulgativo no medio da natureza onde os visitantes poderán asistir a diferentes obradoiros de mixoloxía, aprender a elaborar cócteles e mesmo crearen a súa propia xenebra personalizada con diferentes botánicos. Ven e deixa que este vento de sabores propios de Nordés te acompañe.