A rosa dos ventos marca o rumbo deste cóctel que consegue o equilibrio perfecto combinando os aromas de Nordés coa frescura do limón e o punto afroitado da framboesa. Un aperitivo diferente que convida á boa conversa.
INGREDIENTES:
6 cl de Nordés Gin
2 cl zume de limón
2 cl de xarope de azucre
2 cl clara de ovo
4 framboesas
ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:
Machucar as framboesas na cocteleira, engadir o resto dos ingredientes e axitar con estilo. Coar e servir nunha copa Coupette previamente arrefriada.
Decorar cun espeto de framboesas.