Galicia nunha botella
A historia da xenebra galega Nordés gin comezou cunha reunión de amigos fronte a un prato de polbo Un recoñecido sommelier acadou o premio Nariz de Ouro en 2004, un empresario de viños galego e un mestre destilador comezaron a soñar con elaborar unha xenebra galega con ingredientes da súa terra, que fose distinta ás outras xenebras. E entón, logo de moitas probas deron coa fórmula perfecta para capturar a esencia de Galicia, o que orixinou o que hoxe é a receita da xenebra galega Nordés.


Botella icónica
A súa característica botella branca está inspirada na cerámica tradicional de Sargadelos, elaborada en Galicia de forma artesanal, que se distingue pola singularidade dos seus deseños e o uso das cores branca e azul.
O nome da nosa xenebra é unha homenaxe ao vento do Nordés, tralo cal en Galicia advén o bo tempo.
Un sabor que impacta os sentidos
Nordés gin é a primeira xenebra premium galega. Unha xenebra de calidade cun sabor diferente que vén refrescar o mundo das xenebras como xa o coñecemos. O seu carácter fresco, aromático malia sempre equilibrado, convértena nunha xenebra única, diferente das demais xenebras clásicas. Perfecta para gozar dos pequenos praceres da vida.


Elaboración con mimo
A uva albariño, autóctona de Galicia, fai da Nordés un destilado doado de beber. As notas frutais da nosa xenebra galega e o suave aroma da uva matízanse cunha selección de botánicos macerados coidadosamente. Sabores galegos e de ultramar en perfecta harmonía.

Sabor único
Salvia, loureiro, herba luísa, eucalipto, menta piperita, salicornia, xenxibre, cardamomo, flor de hibisco, te negro e, claro, cimbro. Cada un na súa xusta medida para conseguir as notas sutiles e equilibradas que caracterizan o peculiar aroma do gin galego Nordés.