Unha xenebra refrescante e aromática
A Nordés é Galicia nunha botella. O seu carácter, o seu sabor e os seus aromas lévannos á frescura e sinxeleza da súa terra.. Un aroma herbal, fresco, con notas a froita branca, suave e equilibrado, que a torna nunha xenebra cun sabor único. Unha xenebra afroitada perfecta para gozar dos pequenos praceres da vida.
Un sabor que conquista o mundo
A Nordés foi conquistando medio mundo coa súa elaboración coidada e os seus matices aromáticos, que afunden as súas raíces no mar e as fragas galegas. A uva albariño e os seus 11 botánicos non coñecen fronteiras. A Nordés, co seu aroma herbal, continúa a súa viaxe ao redor do mundo e xa se pode probar en máis de 25 países, dos cinco continentes do planeta..
Unha orixe inesperada
A súa orixe galega, que se mostra na súa singular base vínica e a selección coidada dos seus botánicos autóctonos da zona, proporciónanlle o seu característico sabor. Toda a esencia do Atlántico para exaltar os teus pequenos grandes momentos.
Unha elaboración realizada con mimo
Antes da fase de destilación, os 11 botánicos da Nordés macéranse por separado para conseguir os perfís aromáticos que se buscan en cada un. Un proceso realizado con coidado e paciencia para conseguir unha xenebra afroitada equilibrada e excepcional.