EUCALIPTUS SOUR NORDÉS POR WILLY GÓMEZ

04/02/2021

Willy Gómez lévanos ao corazón de Galicia grazas a este suave e refrescante cóctel. A
combinación do eucalipto coa mazá verde achega grande intensidade de aroma e sabor.

INGREDIENTES:

45 ml de xenebra Nordés

70 ml de xarope de eucalipto e mazá verde

15 ml de sidra natural

35 ml de zume de limón

10 ml de clara de ovo

1 rebanda de mazá deshidratada, para decorar

2 follas de eucalipto, para decorar

PREPARACIÓN:

Nunha cocteleira sen xeo introducimos todos os ingredientes. Pechamos a cocteleira e axitamos con estilo durante 30 segundos para airearmos a clara do ovo e achegármoslle, así, textura á bebida.

Pasados os 30 segundos abrimos e engadimos moito xeo, pechamos e volvemos axitar durante 30 segundos máis.

Escoamos e servimos nun vaso alto. Enfeitamos con mazá deshidratada e follas de eucalipto.