O seu segredo: a base vínica
A Nordés destaca pola súa base alcohólica, que utiliza uva albariño para conseguir un aroma suave con notas frutais e de flores brancas, e así tórnaa nunha xenebra agradable e fácil de beber.
Botánicos frescos e naturais
A Nordés caracterízase pola maceración por separado de 11 elementos botánicos, entre os que destacan 6 silvestres galegos: salvia, loureiro, herba luísa, eucalipto, menta piperita e unha planta mariña, a salicornia, que lle outorgan o seu característico aroma balsámico.
Tamén, incorpora 5 botánicos de ultramar: o cimbro, o xenxibre, o cardamomo, a flor de hibisco, e o te negro, que achegan tenues notas que equilibran o sabor da Nordés.
Proceso lento e coidado
A Nordés macera cada un dos seus botánicos por separado antes de os destilar. Cada un con cadansúa duración, axustada ao perfil exacto de aromas que se procura, desde unhas horas ata case un mes en certos casos. O resultado é un destilado o máis equilibrado posible.
Un proceso lento e moi coidado que a torna nunha xenebra incomparable.
A primeira xenebra prémium galega
A ambición dos seus fundadores é destilar o mellor de Galicia, macerando o seu destilado con ingredientes autóctonos nunha botella inspirada na tradicional cerámica de Sargadelos.
Unha xenebra refrescante e aromática
A Nordés ten un sabor tan difícil de describir como fácil de recoñecer. Porque unha vez que a probas, apreciarás a súa frescura e o seu toque herbal, moi diferentes de calquera outra xenebra.