Alejandro Sebastián preséntanos A Combinación Nordés. Un cóctel que mestura o clásico e o tradicional. Fresco e herbal, co toque aromático do loureiro.
INGREDIENTES:
40 ml da xenebra Nordés
30 ml de moscatel
1 chisco de angostura
Twist de laranxa
ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN:
Arrefecemos o vaso de mesturas tamén e a nosa copa ou vaso con xeo.
A seguir, introducimos a xenebra Nordés, o moscatel e un chisco de angostura no vaso de mesturas.
Flamexamos a folla de loureiro e introducímola tamén.
Removemos para arrefecer a mestura.
Engadimos xeo ao noso vaso ou copa e servimos a mestura.
Finalizamos o cóctel cun twist de laranxa e decoramos cunha folla de loureiro.