Willy Gómez lévanos ao corazón de Galicia grazas a este suave e refrescante cóctel. A
combinación do eucalipto coa mazá verde achega grande intensidade de aroma e sabor.
INGREDIENTES:
45 ml de xenebra Nordés
70 ml de xarope de eucalipto e mazá verde
15 ml de sidra natural
35 ml de zume de limón
10 ml de clara de ovo
1 rebanda de mazá deshidratada, para decorar
2 follas de eucalipto, para decorar
PREPARACIÓN:
Nunha cocteleira sen xeo introducimos todos os ingredientes. Pechamos a cocteleira e axitamos con estilo durante 30 segundos para airearmos a clara do ovo e achegármoslle, así, textura á bebida.
Pasados os 30 segundos abrimos e engadimos moito xeo, pechamos e volvemos axitar durante 30 segundos máis.
Escoamos e servimos nun vaso alto. Enfeitamos con mazá deshidratada e follas de eucalipto.