O seu segredo: a base vínica

Nordés gin destaca pola súa base alcohólica, que utiliza uva albariño para conseguir un aroma suave con notas froiteiras e de flores brancas, e así a torna nunha xenebra agradable e fácil de beber.

Su secreto

Botánicos frescos e naturais

Nordés caracterízase pola maceración por separado de 11 elementos botánicos, entre os que destacan 6 silvestres galegos: salvia, loureiro, herba luísa, eucalipto, menta piperita unha planta mariña, a salicornia, que lle outorgan o seu característico aroma balsámico.

Tamén, incorpora 5 botánicos de ultramar: o cimbro, o xenxibre, o cardamomo, a flor de hibisco, e o té negro, que achegan tenues notas que equilibren o sabor da Nordés gin.

Proceso lento e coidado

Nordés gin macera cada un dos seus botánicos por separado antes de os destilar. Cada un con cadansúa duración, axustada ao perfil exacto de aromas que se procura, desde unhas horas ata case un mes en certos casos. O resultado é un destilado o máis equilibrado posible.

Un proceso lento e moi coidado que a torna nunha xenebra incomparable.

Comparte o teu momento Nordés