Aínda non tiveches a cita e xa te imaxinas paseando polas cúpulas de pedra da praia das Catedrais, sentando no banco máis bonito do mundo e gozando dos mellores pratos da gastronomía galega. Para que todas esas fantasías se fagan realidade, deixámosche unha lista de trucos para que a túa cita galega vaia vento en popa.
-
Nin se che ocorra pospor a cita porque fai mal tempo.
En Galicia as inclemencias meteorolóxicas son a norma, polo que non poderán perdoarte se cancelas a cita por dúas pingas de auga. Demostra a túa afouteza desde o principio e gañarás o seu corazón.
-
Asume desde o primeiro momento que vas necesitar unha segunda cita para seguirvos coñecendo.
Tan tópico coma certo: en Galicia todo é relativo. Prepárate para escoitar uns cantos «depende» durante a velada. Vas necesitar un par de citas máis para saberes se se trata do teu medio mexillón.
-
Se che fai unha pregunta que non queres responder, contesta con outra pregunta.
É o mellor truco para saír airosamente dunha situación incómoda. Os galegos sempre o fan, así que nin se decatará de que tratas de esquivar as súas preguntas.
-
Se che chama «riquiño» ou «riquiña», xa podes dar por terminada a cita.
Isto non significa outra cousa que que lle pareces moi simpático ou simpática, pero que non lle atraes o máis mínimo. Perdiches unha cita, pero gañaches unha amizade das boas.
-
Nin se che ocorra coller o último anaco de comida da fonte.
Se logras resistirte, gañarás toda a súa confianza. Non é que o queira comer, senón que vai quedar no prato. Trátase dunha lei galega non escrita e consiste en deixar sempre o último anaco, o que chaman «a vergoña do galego». Só o poderás comer se antes cho ofrecen dez veces e te negas a aceptalo outras tantas.
-
Dille o que máis che gusta de Galicia.
Cóntalle o que che gustaría coñecer e o seu interese por ti multiplicarase por cen. Se promete traerte a Galicia para ensinarche eses recunchos que che faltan por coñecer, a cita vai por moi bo camiño.
-
Gáñate o seu corazón na sobremesa.
Se chegaches ata aquí, é que a cousa pinta ben e chegou o momento de namorar: pide unha copa de xenebra Nordés e mostra sorpresa se non a coñece. Toma nota: dille que é unha xenebra de orixe galego, feita con botánicos da zona e cunha base vínica de uva albariño. Gañarás, polo menos, esa segunda cita.