INFORMACIÓN RELATIVA Á PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
RESPONSABLE
Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?
GRUPO OSBORNE S.A.U. (“OSBORNE”)
CIF A-11535564. Inscrita no Rexistro Mercantil no Tomo 1528, Folio 73, hoja CA-21487.
Enderezo postal: Calle Salvatierra, 6, 28034 Madrid.
Enderezo electrónico: info@nordesgin.com
Teléfono: 917283880
FINALIDADE
Para que tratamos os seus datos?
ODISA trata os datos fornecidos coas seguintes finalidades:
- Xestionar a relación coas persoas interesadas na marca ODISA.
- Xestionar o proceso de resposta ás consultas remitidas a través da devandita canle e á xestión do contacto dispoñible no sitio web.
- Envío de boletíns e información comercial por medios físicos e/ou electrónicos da marca OSBORNE.
- Xestionar o envío de boletíns e de comunicacións comerciais e divulgativas por medios físicos e/ou electrónicos, relativas a produtos e servizos de ODISA, baseados ou non nas súas preferencias, así como a realización de acción comercial a través de promocións, accións, campañas, sorteos e invitacións a eventos nas cidades das persoas interesadas.
- Elaboración de perfís de preferencias, intereses en relación a produtos ODISA e/ou outros da marca Osborne, actividade e seguimento da marca por parte da persoa. Realización de perfís vinculados ás preferencias das persoas usuarias, sen que iso supoña a adopción de decisións automatizadas que xeren efectos para as persoas.
- Xestión da información recompilada previamente sobre os seus intereses para seleccionar anuncios, procesar datos sobre que publicidades se amosaron, con que frecuencia, cando e onde se amosaron e se a persoa usuaria realizou algunha acción relacionada co anuncio, tales como premer sobre el ou actuacións similares, o que permite informar sobre a selección futura de publicidade e contidos.
LEXITIMACIÓN
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
As bases legais para o tratamento dos datos son as seguintes:
- Consentimento das persoas respecto da xestión de consultas e contactos, recollido no artigo 6.1.a) do Regulamento Europeo de Protección de Datos.
- Consentimento e interese lexítimo para as restantes finalidades: art. 6.1.a) e 6.1.f) do Regulamento Europeo de Protección de Datos para as restantes finalidades indicadas.
DESTINATARIOS
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Empresas do Grupo Osborne: Grupo Osborne, S.A., Bodegas Osborne, S.A., Bodegas Montecillo, S.A., Osborne Selección, S.A., S.R.C. Jabugo, S.A., Osborne Restauración S.L. e Grupo Osborne, S.A.)
As legalmente estabelecidas que sexan de obrigado cumprimento.
TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
Non se dan no eido deste tratamento.
CONSERVACIÓN
Os datos persoais relativos á xestión de contacto consérvanse durante un período dun ano desde a súa resposta por ODISA.
Os datos persoais relativos ao envío de información comercial ou de análise de perfís e actividade de seguimento da marca consérvanse ata que a persoa solicite a súa oposición ao tratamento ao que se refira a súa petición.
DEREITOS
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se ODISA está a tratar datos persoais que lle atinxan.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitaren a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, a solicitaren a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan precisos para os fins para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos; nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán oporse ao tratamento dos seus datos. En tal caso, ODISA deixará de tratar os datos, agás por motivos lexítimos imperiosos ou polo exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
As persoas interesadas poderán solicitar a portabilidade dos datos para obteren os datos que forneceron a ODISA nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, para seren descargados por si propios ou transmitidos de ODISA a outra entidade.
A persoa interesada pode exercitar os seus dereitos dirixindo un correo electrónico ao enderezo info@nordesgin.com. Ademais, pode presentar unha reclamación perante a Axencia de Protección de Datos, especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, no enderezo postal e/ou electrónico indicado na páxina www.agpd.es.
SEGURIDADE
Os datos serán tratados de forma confidencial e baixo o sometemento a medidas técnicas e organizativas de seguridade axeitadas para evitar a súa alteración, a súa perda, o seu tratamento ou o acceso non autorizado.