Un Nordés con moita troula

Pese a ser o mes máis curto do ano, febreiro fíxosenos longo agardando a chegada do Entroido, o carnaval galego.

 

Aínda que o prato forte se serve en Ourense, o Entroido expándese por toda a xeografía galega, enchendo as cidades, vilas e aldeas de cor e creatividade   e coándose nas casas e na gastronomía típica destas datas, onde o lacón con grelos non pode faltar, igual cás filloas e as orellas, sobremesas típicas case obrigatorias.

 

E é que as sobremesas de Entroido son sen dúbida as máis divertidas do ano. Como preparar un cóctel que estea á altura? Deixámosche a receita do noso cóctel con máis troula, que para os galegos significa festa, pero cun compoñente de tolemia. Creado polo cocteleiro Jonathan Sánchez do local La Carmen, reflicte na súa esencia os días de festa sen fin que se viven en Galicia durante o Entroido. Toma nota.

 

 

entroido_coctel

Fotografía de Alberto Yebra

Cóctel Maruxaina

 

Ingredientes:

 

5 cl de xenebra Nordés

1/2 lima

25 cl de zume de laranxa

20 cl de clara de ovo

Top de soda de loureiro

Caldo de berberechos

Viño albariño para crear a escuma

 

 

Botamos os ingredientes na cocteleira e axitámola durante un minuto. Vertemos suavemente o noso cóctel nunha copa previamente arrefriada. Unha vez servido, podemos pasar a decorar o noso cóctel Maruxaina. Para iso, perfumamos a copa con auga de mar e caldo de berberechos. Por último, engadiremos a un sifón, arrefriado previamente, viño albariño para crearmos a escuma que cubrirá bebida. Para rematar, presentaremos o noso cóctel cun espeto de uvas e un par de follas de loureiro. Pon o disfrace e xa está, listo para gozar!

Mantéñase informado de artigos como este e outras novas subscribindo aquí as novidades