Alejandro Sebastián preséntanos un cóctel de contrastes grazas á combinación do
xenxibre fresco e picante, e cun toque doce do puré de mango.
INGREDIENTES:
40 ml de xenebra Nordés
25 ml de puré de mango
15 ml de zume de lima
15 ml de clara de ovo
Cervexa de xenxibre
1 lámina de xenxibre, para decorar
PREPARACIÓN:
Arrefecemos unha copa de champagne e introducimos na cocteleira Nordés o puré de mango, o zume de lima e a clara de ovo.
Axitamos para emulsionar a clara e introducimos xeo na cocteleira, volvemos axitar con cariño e enerxía. Servimos a mestura na copa facendo unha dobre escoadura e rematamos con cobertura de cervexa de xenxibre.
Ao fin, decoramos a copa cunha lámina de xenxibre ea punto para gozar!