Incredible Porn Videos https://pornlux.com/videos/incredible Watch incredible and awesome sex vids right away! Wild collection of porn tapes on PornSOK.com Ingo, Lotto, Sport – wir haben alles - 'Ice Casino Deutschland ! Nowicjusz? Zdobądź bonus, rejestrując się na - Kasyno i bukmacher Parimatch w Polsce! Las mejores tragamonedas y mesas te esperan en nuestro 1win casino ! We have a wide selection of games to suit all tastes official site! Tylko my mamy największe bonusy - Slot city ! Stock Maximum Pro Stock Maximum Pro Casibom

Celebra o Día das Letras Galegas con Mar Adiante

29/05/2018

cocktail_letras_galegas

Falar de literatura galega sen mencionar a Rosalía de Castro sería como tentar facer un gin-tonic sen xenebra. A súa obra Cantares gallegos marcou o inicio do rexurdimento cultural galego, dando prestixio á lingua galega como instrumento de creación literaria. Por iso o día elixido para a celebración do primeiro Día das Letras Galegas foi o 17 de maio de 1963, con motivo do centenario da publicación da obra.

Desde entón, cada 17 de maio convértese nunha xornada destinada a honrar a literatura galega. Este ano querémonos unir á festa creando un cóctel Nordés para a ocasión.

Inspirándonos nos textos de María Victoria Moreno, a protagonista do Día das Letras Galegas de 2018, compuxemos un cóctel atlántico e fresco que evoca os aromas marítimos e os sons de Galicia. O resultado leva o nome da primeira novela en galego que escribiu a autora.

Presentámosvos:

MAR ADIANTE

Ingredientes:

4 cl de Nordés

5 follas de menta

5 poliñas de salicornia

Zume de medio limón

Azucre moreno

Ginger Ale

Xenxibre relado

5cl de viño albariño (opcional)

A salicornia será a encargada de achegar ese toque salino que contrarrestaremos coa frescura da menta e un pouco de azucre moreno que, se pechamos os ollos, nos levará directamente a pousarnos sobre a area na compañía da autora.

Elaboración:

Nunha cocteleira machucamos sen desfacer 5 follas de menta e 4 poliñas de salicornia sobre un fondo co zume de medio limón e 15 ml de azucre líquido.

Engadimos 4 cl de xenebra Nordés, enchemos con xeo e axitamos durante 10 segundos.

Servimos nun vaso alto e estreito previamente decorado con azucre moreno no bordo e enchemos con Ginger Ale. Rematamos cunha pequena bágoa de xenxibre relado e removemos.

Decoramos cunha poliña de salicornia e carpaccio de uva albariño.

Se queremos sumar salinidade ao cóctel, reducimos á metade o zume de limón e, antes do Ginger Ale, engadimos 5 cl de viño albariño, que lle achegará un extra de aromaticidade á nosa bebida atlántica.

O noso cóctel literario xa está case listo para degustar. Só faltan uns versos como acompañamento. E quen mellor que Rosalía de Castro para facernos sentir a brisa do mar co seu poema “En las orillas del Sar”:

 

Los Robles

[…] Árbol duro y altivo, que gustas

de escuchar el rumor del Océano

y gemir con la brisa marina

de la playa en el blanco desierto;

¡yo te amo!, y mi vista reposa

con placer en los tibios reflejos

que tu copa gallarda iluminan,

cuando audaz se destaca en el cielo

despidiendo la luz que agoniza,

saludando la estrella del véspero. […]

follas_de_outono