Sabemos que moitos de vós, ademais de estardes namorados desta xenebra galega tamén o estades da botella que a contén, pois o seu deseño inspirado na cerámica de Sargadelos non deixa indiferente a ninguén. Se cadra por iso cada vez máis seguidores a coleccionan e mesmo se animan a darlle unha segunda vida. Aquí vos deixamos algunhas das ideas compartidas con nós nas redes sociais. Encántannos!
1. Un vaso, floreiro ou bomboneira
Usando a técnica do fío con alcohol para cortar vidro podes converter a nosa botella en calquera obxecto que te propoñas: un floreiro, unha bomboneira o mesmo un pequeno testo. Nos esquezas pasar unha lixa polos bordos para evitares cortes.
2. Un floreiro
Sen dúbida esta é a idea máis sinxela, pero tamén a nosa favorita. Só tes que retirar o tapón e xa tes un bonito floreiro Nordés.
3. Unha lámpada
Moitos dos nosos usuarios sorprendéronnos convertendo a nosa botella de Nordés en bonitas lámpadas de mesa. Algunhas mesmo están á venda!
4. Un dispensador de xabón
E se o que buscas é un elemento que sexa útil e decorativo ao mesmo tempo, aquí tes una idea para converteres a nosa botella nun precioso dosificador de xabón.
Cal é a túa favorita? Se despois de todas estas ideas estás desexando acabar xa a botella para poñerte mans á obra, aquí che deixamos a receita do gin-tonic perfecto para despedila como se merece. Se, polo contrario, o teu non son as manualidades, xa sabes, a nosa botella sempre ao contedor verde e o tapón ao amarelo.