Galicia é terra de lendas e tradicións, sendo unha das máis antigas e arraigadas a que celebramos cada 31 de outubro: o Samaín.
Esta festividade xurdiu fai uns 3000 anos e, aínda que foi esquecida durante un tempo, aos poucos está a rexurdir en Galicia.
Co Samaín, que en gaélico significa “fin do verán”, celébrase o inicio do novo ano celta e o fin da tempada de colleitas.
Dise que, durante esa noite, a barreira entre o mundo dos vivos e os mortos desaparece, polo que nas súas orixes os celtas utilizaban caveiras, nabos, melóns e cabazas para escorrentar aos malos espíritos.
Desde Nordés queremos festexar esta celebración tan arraigada á tradición máis enxebre, propóndovos un plan para gozar desta noite dunha forma diferente.
Unha vela ou unha boa fogueira, os teus mellores amigos e unha copa de Nordés serán os aliados perfectos para unha velada que che mergullará no lado máis auténtico e misterioso de Galicia.
Deixámosche aquí a receita de dous dos nosos cócteles favoritos para gozar esta noite: Nordés Bruma Atlántica, inspirado na misteriosa néboa que baña o Atlántico antes de que sopre o vento do Nordés e a Queimada Nordés, a nosa versión da máxica receita galega que vos protexerá dos malos espíritos. Atrévete coas nosas propostas máis enigmáticas e goza dun Samaín ao estilo Nordés.