Non cómpre ser un mestre cocteleiro para preparar o mellor gin-tonic. Tan só necesitas a mellor materia prima e un par de trucos para evitares eses erros que sempre cometes ao preparar o gin-tonic na casa. Toma nota:
1. “CHEGAR E ENCHER”
Chegar e encher, de xeos. O primeiro paso para preparar un bo gin-tonic é que a copa estea ben fría. Para conseguilo, énchea de xeos ata arriba e dálle voltas ata que o cristal comece a abafarse. Verte a auga que soltase.
2. A XENEBRA, CON “SENTIDIÑO”
Un erro que cometemos moi a miúdo ao prepararmos un gin-tonic é botar xenebra de máis. As proporcións que recomendamos son 5 cl de xenebra por 20 cl de tónica, ou o que é o mesmo, unha parte de xenebra por catro partes de tónica se non tes medidor de xenebra.
3. “VAICHE BOA”
Como dicimos en Galicia, “vaiche boa” se pensas que se pode facer un bo gin-tonic con tónica a temperatura ambiente.
Un dos segredos dun bo gin-tonic é que a tónica estea ben fría, así o xeo tardará máis en derreterse e evitaremos que a mestura se augue e desaparezan as burbullas da tónica.
4. A TÓNICA, “AMODIÑO”
Engade a tónica amodo para evitar que rompa a burbulla. Un truco sinxelo: esquece a culler trenzada e verte a tónica directamente sobre o último xeo, amodo e con coidado.
5. LAS HIERBAS DE SAN XOÁN, DÉJALAS PARA “ESPANTAR AS MEIGAS”
Cargar de especias o teu gin-tonic non che traerá boa sorte nin un bo combinado. O único que conseguirás é enmascarar o sabor da nosa xenebra, por iso non se recomendan máis de dous ou tres botánicos por copa.
No caso do Perfect Serve Nordés, basta con engadir un espeto de uvas brancas para resaltar os matices froiteiros da nosa xenebra.
6. GINEBRA , “DA CASA”
E por último, e non por iso menos importante, elixe a mellor xenebra para o teu gin-tonic. Como non podía ser doutro modo, nós recomendamos Nordés, a nosa xenebra galega ou, como dicimos aquí, “feita na casa”.
Agora que xa tes todos os trucos, é hora de poñelos en práctica. Deixámosche a nosa selección de receitas de gin-tonic e cócteles para que pases ao seguinte nivel.