APONIENTE NORDÉS POR MARIO VILLALÓN

Mario Villalón preséntanos un cóctel pensado para gozar en calquera hora. Fresco, cremoso e con especias. Unha auténtica delicia que percorre os sabores de Xerez grazas ao viño amontillado e que os combina con ese punto de especias orientais que achega a cúrcuma.

INGREDIENTES:

50 ml de xenebra Nordés

40 ml de Xerez amontillado ou oloroso

10 ml de crema/licor de pexego

15 ml de xarope de cúrcuma

25 ml de zume de lima

30 ml de clara de ovo

1 folla de eucalipto, para decorar

PREPARACIÓN:

Nunha cocteleira engadimos todos os ingredientes sen xeo e axitamos con actitude para montar a clara.

Logo engadimos o xeo e volvemos axitar suavemente.

Servimos nunha copa e enfeitamos cunha folla de eucalipto. Delicioso!