Mario Villalón preséntanos un cóctel pensado para gozar en calquera hora. Fresco, cremoso e con especias. Unha auténtica delicia que percorre os sabores de Xerez grazas ao viño amontillado e que os combina con ese punto de especias orientais que achega a cúrcuma.
INGREDIENTES:
50 ml de xenebra Nordés
40 ml de Xerez amontillado ou oloroso
10 ml de crema/licor de pexego
15 ml de xarope de cúrcuma
25 ml de zume de lima
30 ml de clara de ovo
1 folla de eucalipto, para decorar
PREPARACIÓN:
Nunha cocteleira engadimos todos os ingredientes sen xeo e axitamos con actitude para montar a clara.
Logo engadimos o xeo e volvemos axitar suavemente.
Servimos nunha copa e enfeitamos cunha folla de eucalipto. Delicioso!